Friday 03 de May de 2024

O clown de Bambolina enche de risas Ordes


O público de Ordes continúa a pasalo ben e a divertirse nas tardes de verán. Bambolina, da compañía Barafunda, foi o espectáculo de clown ofrecido hoxe dentro do programa Cultura e deporte na rúa. Unha historia de dous clowns que non parou de despertar sorrisos entre todas as persoas asistentes. Non faltaron á cita a alcaldesa en funcións, Ana Soneira, ademais doutros concelleiros do Goberno local.